María Wonenburger
- Detalles
- Categoría de nivel principal o raíz: LUCUSMATES
- Categoría: HISTORIA DE LAS MATEMÁTICAS
A falta de popularidade de María Wonenburger Planells é debida a que é especialista nunha materia, pouco coñecida polo gran público, pero fundamental no desenvolvemento da Matemática e na Física desde os ano sesenta.
Polos seus méritos como docente e como investigadora, e como muller galega científica de renombre mundial, os asinantes solicitamos ao Concello de Lugo teña a ben denominar co seu nome a Escola de Educación Infantil Municipal sita entre a rúa Vázquez Queipo e a rúa das Fontes.
A matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells, coñecida no ámbito académico como María Wonenburger, naceu en Montrove (Oleiros, A Coruña) o 19 de xullo de 1927.
Estudou no Instituto coruñés Eusebio da Garda. Sempre destacou polos seus resultados académicos, polas súas afeccións deportivas e os idiomas.
Pertence á primeira promoción da titulación de Ciencias Matemáticas, con 5 anos de estudo, antes denominadas Ciencias Exactas e só eran 4 anos.
Matemáticos de renome como Julio Rey Pastor ofrécenlle que traballe con eles pero ela prefire marchar aos EEUU cunha bolsa de estudos Fullbright, par estudar na Universidade de Yale onde se doutorou no ano 1957, baixo a dirección de Nathan Jacobson, un dos máis renomeados alxebristas do século XX a nivel mundial.
Voltou a España pero as condicións non a convenceron e volve marchar esta vez a Canadá onde ten como alumno a Robert Moody, un dos alxebristas máis recoñecidos do último cuarto do século XX.
Marcha a EEUU, como Full Profesor, para impartir docencia na Universidad de Indiana, onde ten como alumno de doutoramento a Stephen Berman, outros dos destacados a nivel internacional polas súas aportacións ao álxebra.
María Wonenburger publicou máis de vinte artigos en revistas de prestixio e dirixiu oito teses de doutoramento.
En 1983, por razóns persoais, María Wonenburger remata a súa vida académica e volta á súa cidade natal onde vive na actualidade.
María Wonenburger dedicou varios anos ao estudo dos automorfismos de grupos de semellanzas, para espazos vectoriais de dimensión maior ou igual ca seis.
Especial relevancia ten o estudo do grupo de semellanzas relativo a unha álxebra de Clifford
Outro tema salientable na investigación de María Wonenburger é a Teoría de Álxebras de Lie, sendo neste campo onde se centran varias das teses dirixidas por ela.
Autoras do texto orixinal:
María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar
A Unidade de Muller e Ciencia, órgano colexiado da Xunta de Galicia co que se pretende incrementar a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico, acordou o 23 de setembro de 2007 crear o Premio 'María Wonenburger' como recoñecemento as mulleres que destaquen nestes ámbitos.
María Wonenburger, asistíu as celebracións do concurso “Muralla Matématica” durante os anos 2004 e 2005.